CRTVG

Buscar

Unha ourensá aparece morta no garaxe no que vivía e no que podería levar máis de 15 días

Publicado o 20/08/2019 12:19

Aparece en Ourense unha muller morta nun garaxe. Ao parecer levaba uns 15 días sen vida e ninguén se decatara. De feito o forte cheiro que desprendía o corpo foi o que alertou a Policía Nacional que mantén aberta unha investigación para esclarecer o suceso.
O corpo que se atopaba en avanzado estado de descomposición non presentaba signos de violencia e as primeiras hipóteses apuntan a que a morte puido producirse por causas naturais. A falecida tiña, segundo nos contaron, problemas coas drogas e residía soa na zona vella da cidade despois de falecer a súa parella sentimental. Habilitara o garaxe como vivenda hai xa algúns meses.

Noticias web

20/08/2019