CRTVG

Buscar

Un mozo de Santiago crea un 'escape room' virtual

Publicado o 03/04/2020 18:15

Mesmo chegou a parecer que sobraba. E só uns meses despois parecía que faltaba.

"Aquí, pechado na casa. Aburrido. Podemos facer un escape room dixital"."Si, así pode xogar todo o mundo dende a casa".

Un creador en Santiago e outro nas Canarias. Así naceu este xogo de escape en liña. "Foron catro días de intenso traballo, catro días coas súas noites".
"Nós pensamos nun principio que ían xogar 30, como moitísimo 100 persoas. Nas primeiras 24 horas de vida xogaron 10.000 persoas. E agora mesmo, con dúas semanas que leva, xa van por 150.000".

Así se presenta o xogo. "Ano 2043. Tras a crise mundial do ano 2020, as bolsas colapsaron e as divisas desvalorizáronse, xurdindo unha nova orde planetaria onde a moeda de cambio é o papel hixiénico".

Pois ben, entón un príncipe africano déixalles aos seus herdeiros un cargamento valiosísimo.

"Varios palés de papel hixiénico. Ti tes que facerte pasar por un dos seus herdeiros e demostrarlle que es o único merecedor desa fortuna".

Os avogados do príncipe porante a proba e farante viaxar.

"O xogo ten unha duración aproximada de entre unha hora e media e tres horas, todo dependerá do áxiles que sexades resolvendo".

Resolvendo os enigmas que vai propoñendo este irónico xogo.

"Un Ferrari podíase cambiar por dous paquetes de seis rollos en Wallapop. Dobre capa, por suposto".

A fórmula do seu éxito, ser divertido e ser gratis.

Noticias web

03/04/2020