CRTVG

Buscar

Unha moza queda ferida grave nun accidente en cadea na A-52 tras atropelar un xabaril

Publicado o 04/11/2019 11:23
Unha moza queda ferida grave nun accidente en cadea na A-52 tras atropelar un xabaril

O accidente produciuse sobre as nove e dez na noite do domingo, á altura do km 211 da autovía A-52 (Benavente - Porriño), no término municipal de Allariz (Ourense). Foi unha colisión en cadea en que se viron implicados tres vehículos.

Un deles era un Opel Corsa conducido por un veciño de Xinzo de Limia, de 29 anos, que saíu ileso. A súa acompañanate, de 26, quedou ferida grave. Outro coche implicado foi un Ford Focus, conducido por un veciño de Xunqueira de Espadañedo de 44 anos, que saíu ileso. O terceiro, un Jeep Cherokee, ía conducido por veciño de Monterrei ,de 42 anos, que tamén saíu ileso.

O equipo de Atestados e Informes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense atópase realizando as investigacións pertinentes para determinar a forma de produción do sinistro, que ocasionou importantes retencións na calzada do sentido Benavente, tendo que desprazarse, ademais do propio equipo de atestados, catro patrullas de motoristas, que auxiliaron os feridos e regularon a circulación mentres non se normalizou.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense quérese recordar que, ademais de ser obrigatorio, é moi prudente aumentar a distancia de seguridade cando a calzada está húmida, porque, en caso de freada brusco do vehículo que nos precede, teremos espazo suficiente para deter o noso sen colidir por alcance.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí