CRTVG

Buscar

Unha moza ferida nun aparatoso accidente cando accedía á ponte do Milenio

Publicado o 04/12/2017 14:05

A condutora circulaba pola glorieta Nexus para acceder á Ponte do Milenio cando saltou a mediana, levou por diante un sinal de prohibido e acabou batendo con forza contra a barreira protectora despois de invadir os dous carrís de sentido contrario. A muller tivo que ser liberada polos Bombeiros de Ourense e foi trasladada ao CHUO en ambulancia. A Policía Local busca un segundo coche implicado, segundo testemuñas do sinistro, para confirmar as causas do accidente, que provocou importantes retencións en sentido entrada á cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2017