CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Unha moza denuncia que a violaron catro homes

Publicado o 06/02/2018 14:54

A Policía detivo un home acusado de violar unha moza e agredir sexualmente outras catro en Madrid.
Segundo a Policía, o home actuaba de noite á saída do metro no barrio de Carabanchel.

A Garda Civil investiga tamén unha presunta agresión sexual grupal en Pola de Lena, en Asturias. Unha moza de 18 anos e natural de Oviedo dixo que a forzaron catro homes no centro da vila no aparcadoiro dun soar. A rapaza declarou no cuartel, pero de momento non se produciron detencións. Tras contarlle o sucedido a unha veciña da zona, que alertou as forzas de seguridade do Estado, foi trasladada ao hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí