CRTVG

Buscar

Unha moza de Sevilla denuncia que foi violada por tres homes, entre eles o seu ex-mozo

Publicado o 24/07/2019 15:48

Segundo a denuncia presentada pola moza de 20 anos, tres homes que estaban nun coche asaltárona en plena rúa en canto se despediu das amigas coas que volvía dunha festa. Declarou que a levaron a unha calella e que alí un deles a violou mentres os outros dous a suxeitaban. Asegura que un dos que agarraba era o seu ex-noivo. Xa foi detido pola policía e, tras declarar, quedou en liberdade con cargos e cunha orde de afastamento. Os outros dous mozos, tamén de nacionalidade romanesa, están en busca e captura.

Noticias web

24/07/2019