CRTVG

Buscar

A Fiscalía pedirá o internamento da menor que acoitelou a súa nai en Banyoles

Publicado o 10/01/2019 21:23

A Fiscalía pedirá o internamento en réxime pechado da menor que onte acoitelou a súa nai en Banyoles, Xirona. Esta tarde foi trasladada á vivenda para reconstruír o crime e intentar descubrir o móbil. A detida deixou unha nota onde admitía os feitos e anunciaba a súa intención de suicidarse. A policía localizouna, sa e salva, noutro piso propiedade da familia.

A policía detivo a filla da muller acoitelada onte á noite na localidade de Banyoles, en Xirona, como presunta autora do crime. A menor desparecera despois de deixar unha nota onde admitía a autoría e anunciaba que se ía suicidar. Os axentes atopárona este mediodía sa e salva nunha segunda vivenda da familia.

O suceso coñeceuse na noite do mércores, cando o fillo maior da vítima se achegou á vivenda familiar e atopou o corpo sen vida da súa nai. Estaba aos pés da cama, con sinais de varias coiteladas e no medio dunha poza de sangue. No piso había tamén unha nota manuscrita onde a filla admitía implicitamente o crime e daba datos de dous lugares onde pretendía sucidarse.

Desde o primeiro momento a investigación centrouse en atopar a presunta asasina. Os axentes localizárona, sa e salva, nunha segunda vivenda propiedade da familia. A moza, de 17 anos, e de orixe rusa, foi adoptada hai tempo.

Outras fontes apuntan a que a rapaza tiña problemas psicolóxicos e que a miúdo se escoitaban discusións na vivenda. O xulgado de garda de Xirona asumiu a investigación do caso.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019