CRTVG

Buscar

Un accidente en monopatín deixa ferida moi grave unha moza de 17 anos en Madrid

Publicado o 18/06/2020 08:46

Unha moza de 17 anos permenece en estado moi grave como consecuencia dun accidente en monopatín.

A menor estaba cun grupo de amigos practicando skate en Madrid, cando caeu do monopatín e se golpeou na cabeza. Sofre un traumatismo cranioencefálico severo.

Os sanitarios do Samur tiveron que intubala antes de trasladala con prognóstico moi grave ao hospital 12 de Octubre.

Noticias web

18/06/2020