Unha moza de 14 anos recibe a alta tras uns días ingresada por covid-19 en Ourense
Publicado o 14/07/2021 19:30

Unha moza de 14 anos recibiu xa a alta despois de estar varios días ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) contaxiada coa covid−19. As autoridades sanitarias e políticas incidiron nas últimas semanas en que os casos activos e os ingresos hospitalarios son cada vez de menor idade.
No caso de Ourense, a área lanzaba unha mensaxe para que xente que non está vacinada manteña as medidas de prevención fronte ao virus, co foco no uso de máscara e en gardar a distancia de seguridade. Así mesmo, dos 1.243 casos positivos de que se informou nesta xornada, 163 son novos e había 12 ingresos cunha media de idade de 43 anos.