CRTVG

Buscar

Unha moza atropelada no Paseo de Matutino en Ponteareas

Publicado o 18/07/2020 10:51
Unha moza atropelada no Paseo de Matutino en Ponteareas

Pasadas as dez da noite o 112 Galicia era informado dun atropelo unha moza, no Paseo de Matutino, á altura do número 23, en Ponteareas.
Segundo a chamada de alerta de varios particulares ao 112 Galicia, a menor precisaba asistencia sanitaria urxente despois de ser alcanzada por un turismo.
Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia informou os profesionais sanitarios, á Policía Local, aos GES- SPEIS de Ponteareas e aos efectivos de Protección Civil da localidade.