CRTVG

Buscar

Levaba o bolso aberto na moto e choveron os cartos

Publicado o 06/10/2019 14:13

Abraidos quedaron os viandantes e condutores que ían pola rúa García Barbón de Vigo. Sorprendeunos a chuvia, pero nesta ocasión foi en forma de billetes de 10, 20 e 50 euros. Os cartos eran dunha moza que circulaba nunha moto co bolso aberto e caéronlle dous sobres cos cartos. Houbo quen parou o vehículo na zona e baixou para recoller os billetes. A xente apañou os billetes, gardáronos nun sobre e entregáronos nun hotel próximo. Ben é certo que dun total de 1.200 euros, 350 non apareceron. Dende o establecemento chamaron a Policía Local para recollelo.

A motorista alertou os axentes e informárona de que tiñan o diñeiro. A muller amosouse moi agradecida pola solidariedade da xente e agarda que aparezan os 350 euros restantes. Manifestou que ía con eses cartos porque tiña que pagar algo importante.

Noticias web

06/10/2019