Unha mostra recrea a pegada da emigración galega na sociedade de Nova York
Publicado o 19/04/2019 19:39
A pegada da emigración galega na sociedade neoiorquina pódese observar grazas a unha exposición que inaugurou o Consello da Cultura Galega baixo o título 'As benvidas'. A mostra busca visibilizar as emocións que teñen lugar nas chegadas e partidas dos emigrantes galegos aos Estados Unidos a partir de fotos familiares. A exposición inclúese na programación da Semana do Patrimonio Inmigrante que organiza o concello de Nova York.