Unha mostra conmemora os dez anos da Biblioteca de Galicia
A Xunta conmemora os 10 anos da Biblioteca de Galicia cunha exposición que percorre máis de 70 obras representativas das súas coleccións. Pódese visitar na Cidade da Cultura ata o mes de maio.
Esta sala inaugurouse hai unha década e conseguiu converterse nun referente cultural custodiando obras e coleccións de moito valor, sumando unha importante tarefa de difusión cultural. A exposición contará con 70 obras para homenaxear dez anos de patrimonio bibliográfico: algúns incunables, obras literarias da Idade Media, fotografías, debuxos e gravados, ademais de creacións audiovisuais e sonoras. Poderán visitarse no vestíbulo do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia ata o 31 de maio de 2022. A Xunta agradece a xenerosidade de figuras e institucións que cederon as súas coleccións ao longo deste tempo, e que tamén teñen a súa presenza nesta mostra conmemorativa.