Unha mochila solidaria fai o Camiño polos que non poden
Publicado o 19/07/2020 17:02
Todo o protagonismo está na mochila. Non é unha máis. Porta a luz do camiño e ten unha historia propia. Lévana peregrinos veteranos que cargan coa ilusión daqueles que non os poden acompañar. A iniciativa púxose en marcha cando aínda non se podía viaxar entre comunidades, de aí que pase de ombreiro en ombreiro, eso si desinfectada.
Impulsada por un peregrino navarro e divulgada nas redes sociais, a mochila conta cun diario propio e un certificado de ter feito o camiño cargada de emocións e ilusións.