CRTVG

Buscar

Unha mercería de Vilalba adopta medidas de prevención para cando volva abrir

Publicado o 25/04/2020 15:11

A tenda está pechada, pero Mary conta con volver a abrir pronto. Desde que pechou a súa merceria de Vilalba comezou pensar nas medidas de prevención que debería adoptar para asegurar que seu local sexa seguro.

Hai un dispensador de xel na entrada, e para respectar a distancia non poderán entrar máis de dous clientes. No propio comercio tamén lles van dar luvas e máscara. Medidas que son beneficiosas para todos.

Unha mampara para manter a distancia cos clientes e unha máquina de desinfección con ozono son algunhas das medidas adoptadas por este negocio para evitar o contaxio. A idea é que os clientes se sintan seguros e ter todo preparado para cando se poida volver abrir

Novo enfoque para recuperar a actividade e, sobre todo, a confianza dos clientes.

Noticias web

25/04/2020

Máis sobre Vilalba

Arzúa 0-0 R.Vilalbés
19/10/2020 10:16