CRTVG

Buscar

Bos días

Unha menor estadounidense queima a metade do corpo a causa dun reto viral con lume

Publicado o 22/08/2018 09:40


Un dos chamados 'retos de Internet' case lle custa a vida a unha menor estadounidense. O desafío consiste en botarse alcol polo corpo e prenderse lume para difundilo pola Rede. A rapaza de doce anos queimou a metade do corpo.

Coñécese como "fire challenge", o reto do lume, e resulta especialmente perigoso. O último caso é o de Timiyah Landers, unha rapaza de doce anos de Detroit, que permanece grave no hospital, coa metade do corpo abrasada.
Este desafío viral invita a impregna-lo corpo de alcol, prenderlle lume e gravalo para difundilo polas redes. Timiyah quixo probalo mentres estaba con dúas amigas na súa habitación. A súa nai atopábase no piso de abaixo e relataba así o momento para un programa da canle CBS.
"Oín unha forte explosión, e pregunteime que é iso? O seguinte que vin foi á miña filla correndo cara a min envolta en chamas"" relataba Brandi Owens.
A rápida intervención da nai, que a meteu nunha bañeira e lle botou auga, evitou un desenlace aínda peor. Con todo, o estado da pequena é moi delicado. Deberá someterse a varias cirurxías e ten os órganos danados. A nai fai agora un chamamento público para acabar con este tipo de retos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

22/08/2018