CRTVG

Buscar

Denuncian o falecemento de dous pacientes nos corredores do CHUS

Publicado o 11/01/2019 14:59

Unha médica do Complexo Hospitalario de Santiago denunciou ante a Fiscalía o falecemento de dous pacientes nos corredores de urxencias do hospital o pasado dous de xaneiro. Anunciouno durante a súa comparecencia nas xornadas sobre Sanidade organizada polos grupos parlamentarios da oposición.

Comparecencia do conselleiro de Sanidade

Tamén na Cámara galega compareceu hoxe o conselleiro de Sanidade diante da Comisión de Investigación parlamentaria. O primeiro que fixo Vázquez Almuíña foi lamentar que os grupos da oposición rexeiten participar en dita comisión. Logo explicou que a Xunta ten unha prioridade agora mesmo: cambiar o modelo da atención primaria. Por iso están traballando 6 grupos de mellora para escoitar a todos os profesionais e tomar medidas que a melloren.

Vázquez Almuíña sinalou que xa lle pediron ao ministerio que aumente en Galicia o número de prazas de formación dos MIR. Ademais, estudarán medidas para que os médicos de familia poidan dedicarlles máis tempo aos pacientes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019