CRTVG

Buscar

Unha matanza clandestina causa o maior andazo de triquinose en 7 anos

Publicado o 01/05/2019 19:53

Unha matanza clandestina causa o maior andazo de triquinose en España nos últimos 8 anos.  Ocorreu en Cidade Real e Madrid. Os 17 afectados xa foron dados de alta.

En Cidade Real, o sacrificio dun porco sen control veterinario en Retuerta del Bullaque causou un andazo de triquinose que afectou 17 persoas. Os enfermos son parentes e amigos da familia que fixo a matanza. Todos consumiron embutidos feitos coa súa carne.

Manuel Tordera, director xeral de Saúde Pública de Castela A Mancha: "O que pasou é que, unha vez que fixeron a matanza, os produtos que se comen en cru como os chourizos, o salchichón e outros embutidos teñen risco porque teñen o parasito, que neste caso é a trichinella spiralis, que é a que causou este andazo".

Oito enfermos foron diagnosticados na provincia de Cidade Real e o resto en Madrid.
A matanza tivo lugar o pasado 8 de xaneiro. Un mes despois catro dos afectados ingresaron en urxencias. Foi entón cando se empezou a investigar a toda a familia. Nestes momentos todos os afectados foron dados de alta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/05/2019