CRTVG

Buscar

Unha máscara facial deseñada por unha canguesa entra na lista de Forbes

Publicado o 23/02/2021 20:31

Desde o seu centro, Araceli Hermelo leva 25 anos apostando pola tecnoloxía para o coidado persoal. O produto estrela da marca de cosméticos desta canguesa é a máscara led que acaba de ser recoñecida pola revista Forbes como unha idea de futuro para este ano, segundo a publicación, polo seu potencial transformador.

A NASA abriu camiños para o led na atención das feridas dos astronautas e os especialistas médicos e estéticos utilízano para curar patoloxías da pel e como tratamento de beleza. A novidade é o formato doméstico que facilita a súa aplicación.

A creación desta canguesa comparte honores na listaxe de ideas de futuro de Forbes cunha escola de programación coruñesa que fomenta o interese nos traballos tecnolóxicos entre nenos e nenas de 6 a 11 anos.

Noticias web

23/02/2021