CRTVG

Buscar

Unha máquina comecartos roubada na Guarda aparece na marisma de Salcidos

Publicado o 11/12/2019 14:44

Manuel é veciño da Guarda e un amante da natureza. O luns paseaba tranquilamente por esta marisma que se engloba dentro da Rede Natura cando algo o sorprendeu ingratamente.

Sacoulle unha foto e inmeditamente avisou o Seprona, que xa denunciou os feitos. A máquina saíu desta cafetería o domingo tras ser obxectivo dos ladróns. Despois de conseguir o botín en metálico da comecartos, arredor de 1.000 euros, tirárona a esta marisma de Salcidos.

Desta cafetería tamén levaron arredor de 800 euros en metálico. Non é a primeira vez que lle rouban e tampouco son os únicos. Comerciantes da Guarda veñen denunciando dende hai meses a vaga de roubos a que están sometidos. Esta mañá, axentes facultativos de Medio Ambiente valoraban a presenza de verquidos contaminantes, que foi negativa. As multas mínimas van dende os 6.000 euros.

Investígase o sucedido e tamén os seus autores. Con todo, arestora a Comunidade de Montes de Salcidos é a responsable de quitar esta máquina comecartos da zona por estar en terreos comunais.

Noticias web

11/12/2019