CRTVG

Buscar

Unha manda de cabalos soltos estraga os peches das leiras nunha aldea de Forcarei

Publicado o 06/12/2017 13:58

Unha manda de cabalos ten desesperados os veciños de San Marcos, no concello de Forcarei. Os animais desfán todo o que se interpón no seu camiño, e a xente da zona teme que acaben provocando un accidente grave. Os cabalos están tan afeitos ao lugar, e ás persoas, que nin foxen cando intentan escorrentalos.

Hai máis de quince cabalos que percorren cada día toda a aldea de San Marcos. Levan aí máis dun ano e os veciños non conseguen que marchen.

Os veciños estan fartos de protestar pero non reciben solucións. Calquera día pode haber unha desgraza cun coche, di outro veciño de San Marcos, xa que tamén chegan á estrada nacional.

Son os propios veciños os que teñen que espantar os cabalos. Rompen todos os peches das leiras e xa non teñen medo nin escapan, acostumáronse a vivir alí.

Ningún método funciona para pechar as leiras e que os cabalos non entren, polo que piden unha solución urxente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2017