Unha manda de 3.000 delfíns suca a ría de Vigo en busca de alimento
Un espéctaculo natural único e excepcional en Galicia. Así cualifican no Instituto para o Estudo dos Delfíns Mulares o avistamento de máis de 3.000 delfíns a tan só dez millas das Illas Cíes. Os expertos din que estes avistamentos tan numerosos só é posible velos en California ou Suráfrica.
Nunca antes se vira na nosa costa unha imaxe tan espectacular. Unha manda de 3.000 delfíns cruzando de norte a sur a ría de Vigo e que sorprendía un equipo do Instituto para o Estudo dos Delfíns Mulares a tan só 10 millas das Illas Cíes.
"Incluso nas imaxes non se podía apreciar ben, pero calculamos que era unha superficie de máis 4 quilómetros chea de golfiños por todos lados", asegura Bruno Díaz director do BIRD
Os delfíns son unha especie que se pode ver de forma habitual sucando a costa galega pero o que non é tan frecuente é velos nun grupo tan numeroso.
"O excepcional é que se xunten todos como foi neste caso para buscar alimento", di o director do BDRI.
A riqueza do noso mar semella que está detrás deste espectáculo natural que só adoita darse en lugares como California ou Suráfrica. E é que os golfiños só se agrupan para buscar alimento.
"O que fan é un banco e avanzan en ringleiras na procura de peixes para todos, o que pon de manifesto a riqueza da costa galega", di Bruno Díaz.
Din os expertos que este tipo de avistamento pon de manifesto a riqueza da costa galega, polo que, quizais, poidan repetirse con maior frecuencia se seguimos apostando polo coidado do noso mar.