CRTVG

Buscar

Unha manda de xabarís impacta contra un vehículo de gama alta na AG-11

Publicado o 03/02/2021 15:10

Unha manda de xabarís irrompeu na autovía da Barbanza e ocasionou un accidente que, afortunadamente, quedou en danos materiais. Iso si, semella que foron cuantiosos.

Foi na autovía preto da saída de Rianxo, de noite e coa calzada mollada. O condutor, que circulaba nun turismo de gama alta en sentido Ribeira, encontrouse coa manda de xabarís atravesando a calzada. Non puido esquivalos e tres deles morreron como consecuencia do impacto co coche, que quedou moi danado como amosa a imaxe exhibida en rede social. O condutor saíu ileso, pero a reparación dos danos no coche custará varios miles de euros.

O atropelo dos xabarís produciuse á altura do lugar de Asados, onde segundo os veciños proliferan os porcos bravos. A súa pegada pódese ver en terreos como este situado a poucos metros da AG-11. Descoñécese por onde irromperon os animais na autovía e non se descarta que, pola súa proximidade, o fixesen polo desvío cara a Rianxo.

 

Noticias web

03/02/2021