CRTVG

Buscar

Unha manda de lobos mata 13 ovellas no monte Xalo

Publicado o 13/08/2020 20:49

As ovellas mortas aínda permanecían esta tarde no lugar en que foron atacadas polos lobos, á espera de seren retiradas. Este novo ataque do lobo produciuse onte no monte Xalo, cando o grupo de ovellas apartouse do resto do rebaño, sen que o seu propietario se decatara. En total mataron 13 ovellas e deixaron 5 feridas

"Nós non nos demos de conta, os cans quedaron todos co grupo, non se decataron tampouco... pero os lobos están moi pendentes da cando o gando se descoida, saben moi ben onde están os cans, téñenos moi vixiados", di o propietario das ovellas.

O dono das ovellas afirma que os ataques dos lobos nesta zona son constantes e que el xa perdeu a conta das veces que lle atacaron o seu gando

"Ai, Deus, levo desde o ano 73 pelexando cos lobos aquí. Matáronme poldros, vacas, ovellas moitísimas veces. A matanza máis grande que tiven de ovellas foi de 51, con dous mastíns dentro, dentro da leira, que non estaban fóra dela, conta o propietario das ovellas.

Calcula que este último ataque do lobo pode ocasionarlle unhas perdas económicas duns tres mil euros.

Noticias web

13/08/2020