CRTVG

Buscar

Unha "macroponte" con case toda España pechada perimetralmente

Publicado o 05/12/2020 21:11

Ás portas do Nadal, moitos cidadáns aproveitaban esta ponte de decembro para encher as rúas, visitar beléns e mercar nos comercios. Nun Madrid sen turistas, pechada ata o 14 de decembro, a Policía realizou este sábado cortes puntais nas rúas de acceso ao centro para evitar aglomeracións e garantir que se cumpren as normas de seguridade. Os coches policiais teñen activada a megafonía para lembrarlle á xente que deben manter a distancia.

"Si, a primeira hora estaba un pouquiño tranquilo pero agora é cando comeza a saír un pouco máis polas luces" "Xa que non se pode saír de Madrid polo menos nos poidamos xuntar coa nosa familia e cos amigo por aquí polo centro" "Nós vimos ver o belén, que sacamos as entradas pola Internet e viñemos só po iso".

Outra das comunidades pechadas é Valencia. As limitacions de mobilidade nótanse especialmente nun lugar como Benidorm, onde a ponte está sendo máis tranquila do que desexarían.

"Fundamentalmente a escasa mobilidade permitida, só a residentes na comunidade, está levando a que a oferta estea tendo algo de ocupación pero nada comparable a cualquera outro momento"

O Goberno valenciano decidiu este sábado estender o confinamento no territorio ata o 15 de xaneiro coa excepción dos días de Nadal e Anivovo. O presidente insiste en que non hai motivos para a relaxación.

Ximo Puig, presidente da Generalitat valenciana "Estes días que hai festas ningunha relaxación é posible".

En Cataluña a velocidade de trasmisión segue medrando. Os Mossos vixían nas estradas que ninguén salte as restricións, mentres en lugares como Tarragona ou Reus realizan cribados masivos. E nas Illas Canarias, que non están pechadan, o Goberno decidiu impoñer o toque de queda en Tenerife durante unha semana para frear os índices de contaxios.

Noticias web

05/12/2020