CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Unha limpeza de vexetación descobre novos petróglifos en Oia

Publicado o 09/08/2017 14:27

Unha limpeza de vexetación no monte comunal de Pedornes en Oia propiciou o achado de novos petróglifos na zona, en concreto nove máis. Súmanse aos xa coñecidos e catalogados, entre eles o do barco de 'Auga dos cebros', único no noroeste peninsular e no continente europeo. Falamos dunha zona privilexiada na arte rupestre que se consolida como a máis importante do sur da nosa comunidade.

Para chegar ata eles é preciso entrar na contorna do monte comunal de Pedornes en Oia. Neste zona coñecida como Viveiro apareceron novo petróglifos que estaban agochados entre a vexetación. A mesma foi posible grazas a unha campaña de 'crowdfounding' que levou a cabo a mancomunidade xunto coa asociación Costa dos Castros. A mesma encárgase dos traballos e de difundir o patrimonio cultural desta zona.

Unha zona privilexiada que conta cun dos petróglifos únicos de Europa que atrae moitos visitantes. Falamos do relevo coñecido como o barco da 'auga dos cebros'. Arestora increméntase o potencial desta zona que xa conta con visitas guiadas pola zona, diúrnas e nocturas, co obxectivo de consolidar un turismo forte desde o punto de vista cultural.

As visitas son gratuítas e poden reservarse a través da páxina web de Costa dos Castros. Os novos achados, xunto aos xa existentes, axudarán aínda máis a concienciar a xente da importancia de respectar e coidar o noso patrimonio cultural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí