CRTVG

Buscar

Unha investigadora galega busca desenvolver unha app para detectar asintomáticos

Publicado o 07/05/2020 10:22

Cando saiamos a rúa, fudamental van ser as novas tecnoloxías, que nesta crise pasaron a ser tema principal. O contact tracing supón o rastrexo de contactos para identificar persoas que puideron ter entrado en contacto cunha persoa infectada.

Dende Suíza, Carmela Troncoso está á fronte dun dos proxectos europeos para xerar unha app pioneira que muda o concepto da interconexión a través dos nosos dispositivos móbiles.

Troncoso é directora do laboratorio Spring centrado en enxeñería de seguridade e privacidade. Confesa que leva "dous meses traballando contra o reloxo para tratar de levar a tecnoloxía a bo porto".

A informática explica que "o problema que ten a COVID é que se expande mesmo cando somos asintomáticos. É moi importante avisar esta xente de que ten o virus antes de que contaxien outras persoas. Isto é o que fan as aplicacións de contact tracing, avisarte se estiveches con alguén que estivo infectado".

A galega sorrí ao ser preguntada polo "proxecto suízo". "É verdade que lle chaman así, pero realmente somos un equipo de 30 investigadores de 8 países de Europa. Somos moita xente que tratamos de deseñar esta tecnoloxía sen poñer en perigo os nosos dereitos fundamentais. Buscamos permitir esa notificación sen ter que saber nin onde estás, nin con quen, nin quen es ti".

Noticias web

07/05/2020