CRTVG

Buscar

Un investigado por maltrato non terá acceso aos fillos ata a resolución do caso

Publicado o 08/06/2021 15:14
Un investigado por maltrato non terá acceso aos fillos ata a resolución do caso

Unha reforma legal do Goberno vetará o réxime de visitas se o proxenitor ten unha denuncia por maltrato. Bastará con que haxa unha investigación aberta por malos tratos para interromper ese contacto.

A reforma xera preocupación entre os xuristas, que cren que se vulnera a presunción de inocencia mentres os feitos non se proben nunha sentenza xudicial. Tamén critican que esta modificación do Código Civil se faga a través da Lei de discapacidade.

Noticias web

08/06/2021