Unha investigación da USC proba o uso de algas para medir a contaminación mariña
Publicado o 20/01/2020 21:09
Temos mecanismos fiables para medir a contaminación dos ecosistemas costeiros e mariños? Unha investigación da USC acaba de mellorar eses mecanismos para poder estudar os niveis de contaminación. Fíxoo a través das algas.
Rita recolleu as algas nas nosas rías, cheas de algas pardas, un tipo de alga con moita capacidade de reter contaminantes.
Este sería o seguinte paso dunha investigación que dentro de España só a realiza este grupo de Santiago. Un paso condicionado pola falta de axudas.
Oportunidade que busca Rita a quen se lle remata o contrato a próxima semana e a quen lle gustaría continuar o traballo dunha tese que obtivo a máxima cualificación, cum laude.