Unha investidura con moita expectación e con novidades nas bancadas
O resultado incerto da investidura fixo que esta primeira xornada do pleno estivera rodeada dunha enorme expectación mediática. E entre os asistentes estaban os pais, o irmán e a muller de Pedro Sánchez, que escoitaron o seu discurso dende a tribuna de invitados, onde tamén sentaban os presidentes autonómicos socialistas.
Os deputados de ERC accederon ao hemiciclo con flores amarelas en homenaxe aos seus compañeiros presos. E esta sesión tamén foi a da localización definitiva de cada grupo, cos deputados de Vox situados no 'galiñeiro'.
Na bancada de Unidas Podemos, a novidade estivo na ausencia de Irene Montero, na recta final do seu embarazo, que solicitou o voto telemático. Os deputados do partido de Iglesias non aplaudiron o discurso de Sánchez.