CRTVG

Buscar

Unha intervención urxente salvoulle a vida a Bela, unha cadela que tiña máis de cen alfinetes no corpo

Publicado o 10/03/2021 15:30

O parque canino da cidade é un dos lugares de Ourense onde colocaron a conciencia anacos de carne e mortadela con alfinetes e mesmo puntas. Os propietarios dos cans están moi preocupados: se os animais inxiren estes cebos, corren un risco de morte. A última vítima foi Bela.   

Máis dun cento de alfinetes e agullas tiña no corpo Bela, labrador femia de 8 anos. Para a súa dona, o cebo foi colocado a conciencia.

Grazas a que se decataron axiña e por fortuna Bela vai amodiño recuperando, pero inxerir cebos destes pode provocar a morte.

Hai anos que este problema comezou en Ourense, pero nas últimas semanas están aparecendo cebos por toda a cidade.

Piden aos afectados que denuncien os feitos e ao Concello de Ourense e á cidadanía que colaboren para poder dar coas persoas que inexplicablemente lles desexan a morte aos cans.

 

 

Noticias web

10/03/2021