CRTVG

Buscar

Unha imaxe insólita, rúas desertas nos arredores de Riazor un día de partido

Publicado o 14/06/2020 23:50

Nestas crónicas do estraño, en Riazor estremecía a imaxe dunhas rúas ermas na previa do partido ante o Sporting de Xixón. Impensable tres meses atrás. Apenas un par de bandeiras nas ventás, e algunhas camisetas en afeccionados de paso para verificar que o fútbol seguía, pero no seu mundo.

Nun mundo con máis policías que afeccionados para recibir aos equipos. Tamén os fotógrafos, facendo cola para entrar. Un mundo no que os máis novos e ansiosos tiveron que artellar una solución de urxencia para enviar ánimos aos seus. Ese mundo no que a uniformidade, e o marketing, xa chegou ás máscaras. Onde a precaución, e a Liga, mandaron pechar as portas mesmo para os habitantes máis fieis.

Porque nese mundo estraño no que anda o fútbol, o principal valor de Riazor: a súa afección, quedou no exilio. A inmensa meirande parte afastada do templo branquiazul. Algúns poucos na bancada de Tribuna Exterior, a das terrazas con visión ás pantallas interiores.

O fútbol dentro, no seu mundo, buscando a súa normalidade. E fóra, un domingo de Liga en Riazor que case pasou inadvertido.

Noticias web

14/06/2020