Unha igrexa de Sanxenxo exhibe un bastón de mando con máis de 200 anos de antigüidade
O bastón de mando da que foi derradeira autoridade civil da xurisdición da Lanzada ten as iniciais do seu nome e apelido, MC, nun extremo. Daquilo pasaron case douscentos anos e a vara estivo na sancristía do templo de Sanxenxo. Foi usada como bastón e coas pescudas do historiador local José Manuel Abel esta peza reafirma a relevancia da vila.
José Manuel Abel, erudito local de Sanxenxo: "Ten un valor histórico moi importante. Confirma moitas cousas. Confirma a capitalidade da xurisdición que abranguía os actuais concellos de Sanxenxo, O Grove e Meaño. En Sanxenxo e O Grove había xustizas propias, había concello, pero por riba deles estaba unha autoridade que era o merino ou xuíz da xurisdición que era neste caso. Entón, o seu valor é sobre todo, simbolico".
Chamounos a atención porque hai unha pequena nota dentro do arquivo que di: "O xuíz don Manuel Correa entrega o seu bastón a Sanxenxo". Polos datos que nos constan no arquivo, debeu ser o derradeiro que ocupou ese cargo".
Agora o bastón permanece moi preto da imaxe de San Xenxo, no retablo central, para que se vexa.
E o erudito segue coas pescudas, agora na procura da acta fundacional da vila a finais do século XV.