CRTVG

Buscar

A Revista

Unha humorista canaria pídelle a Amancio Ortega que aumente os talles dos pantalóns

Publicado o 16/04/2018 13:29

Imos amosarlles agora a graza e a naturalidade coa que lle fai unha petición a Amancio Ortega unha humorista canaria que se define como 'faceboker', non como 'youtuber'.
Omayra Cazorla pídelle ao dono de Inditex que aumente a tallaxe dos pantalóns de Zara, xa que a ella lle parecen moi bonitos, pero non os pode poñer porque lle quedan pequenos.
O vídeo fíxose viral despois de que o publicase na súa conta de Facebook e xa leva medio millón de reproducións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

16/04/2018