CRTVG

Buscar

Unha hostaleira de Vilalba, distinguida como a mellor sommelier de Galicia

Publicado o 21/01/2019 18:24

O mundo do viño era ata hai ben pouco patrimonio case exclusivo dos homes, pero cada vez hai máis mulleres nos diversos ámbitos do sector. Un exemplo é unha hostaleira de Vilalba distinguida como a mellor sommelier de Galicia

Coida ata o útimo detalle a adega do seu restaurante en Vilalbnomeada mellor 'sommelier' de Galicia. A súa paixón polo viño levouna a introducirse nun mundo que ata non hai moito era eminentemente masculino, como é a cata. Agora Elísabet pode presumir de ter sido

Elisabet Castro, mellor 'Sommelier' de Galicia: "Afortunadamente cada vez somos máis mulleres e estamos máis presentes, pero temos que traballalo un pouquiño máis. Ao final o cliente cando nos ve é como se desconfiara, coma se nos cuestionara un pouco máis. Ao final buscan a figura masculina, porque cren que está máis ligada ao viño. Cousa que é errónea... As mulleres catamos moi ben e seleccionamos moi ben"

De feito dúas mulleres, a propia Elisabet e Esther Daporta, figuran no grupo que promove a Liga galega de cata a cegas, un proxecto que pretende achegar ao público a cultura do viño.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2019