CRTVG

Buscar

Unha hamburguesa ourensá, entre as mellores de España

Publicado o 16/01/2020 13:53

Unha hamburguesa con polbo, elaborada en Ourense, está entre as tres mellores de España. Saíu elixida nun concurso con catro estrelas Michelin entre o xurado. O polbo, por certo, vai cocido en auga das Burgas.

Chámanlle hamburguesa galega porque esa é a denominación de orixe da práctica totalidade dos produtos que utilizan. Desde a carne, 200 gramos de tenreira galega, ás ortigas que lle dan o punto verde, o polbo da ría, pimentón de pementos de Padrón e o pan de centeo.

Con esta hamburguesa, os membros de La Estación de Lomán quedaron de terceiros no concurso da mellor cheeseburger de España, que organiza unha páxina web con xurado profesional, incluídas catro estrelas Michelin. Valoraron a orixinalidade na combinación de ingredientes, cun resultado sorprendente, exquisito e tamén divertido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020