CRTVG

Buscar

Unha gravación da Garda Civil mostra a preocupación por presentar os resultados do 1-O

Publicado o 13/10/2017 08:19

O independentismo catalán estaba moi preocupado sobre como presentar ao mundo os resultados das votacións do 1 de outubro. Así o revelan as gravacións que a Garda Civil acaba de entregar á Audiencia Nacional. 

Nestas conversas, do 27 de setembro, dous cargos das consellerías de Economía e Cultura debaten sobre como presentar os resultados da votación, cando esta se produza. Cren que se van votar 3 millóns de persoas, será un bo dato. Pero se só van votar 2 millóns, habería que comunicar a cifra, din, adornándoa un pouco. Dicir, por exemplo, que en realidade querían votar 3 millóns de persoas e que o Estado o impediu. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017