CRTVG

Buscar

Unha granxa de Curtis aspira a ser a explotación robotizada máis grande de Galicia

Publicado o 18/07/2019 14:54

É un dos novos robots de muxidura instalados nesta explotación gandeira. Unha máquina de última xeración que busca aumentar a rendibilidade e tamén un maior benestar para os animais.

"A vaca sempre pode comer, deitarse, e ir ao ordeño e a comer cando ela decide", explica David Peiteado, comercial en Galicia da empresa Lely. "Se é máis feliz produce máis leite. Vaise converter na granxa robotizaza máis grande de Galicia".

Non é a única aposta pola innovación nesta granxa. Tamén acaban de incorporar unhas 200 vacas da raza Jersey. Unha raza con pouca presenza, polo momento, en Galicia.

"Unha vaca que dá menos leite pero máis calidade, máis proteína e graxa", conta Alberto Lamas, propietario da explotación SAT A Campa. "Tamén comen menos, hai estudos que din que é a raza máis eficiente".

O seguinte paso será a alimentación robotizada. Ademais, buscan a redución dos residuos, por iso as camas das vacas están feitas con compos que se elabora a partir do xurro reciclado. Innovación e eficiencia para ter voz propia no futuro do agro galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019