Unha gran porcentaxe de bañistas agradecen a fin do fume nas praias
Publicado o 08/08/2021 14:27
Case o 17% da poboación galega fuma diariamente. Cada vez poden facelo en menos sitios. A idea da administración galega é reducir esta cifra ao mínimo. En tempos de COVID o fume molesta máis e a maioría dos bañistas agradecen a ausencia de tabaco nas nosas praias
En 2012 Baiona fixo desta praia a primeira de Galicia sen fume, agora o concello ostenta o diploma de ouro por ter todas as praias sen tabaco.
Pertencer á Rede Galega de Praias sen fume compromete ao concelloa colocar sinalización achegada por Saúde Pública e a desenvolver actividades para animar á poboación a reducir o seu consumo de tabaco.