CRTVG

Buscar

Unha grande estrutura metálica permanece no porto exterior da Coruña para embarcar con destino a Romanía

Publicado o 09/07/2020 09:53

Unha grande estrutura metálica permanece no porto exterior da Coruña para embarcar con destino a Romanía, onde formará parte dunha ponte ferroviaria.

As pezas desta impresionante estrutura están preparadas para embarcar no buque Kate C que permanece atracado no peirao de Punta Langosteira. Foron fabricadas pola empresa Horta Coslada, con sede no polígono de Sabón, en Arteixo, e moi próximo ao porto exterior. Punta Langosteira consolídase unha vez máis como porto de referencia para movementos de grandes cargas.

 

Noticias web

09/07/2020