CRTVG

Buscar

Unha gata de Lugo convértese nun fenónemo en Internet polas súas habilidades como disc-jóckey

Publicado o 28/07/2021 22:43

Luna intúe que algo gordo debeu facer. O teléfono non deixa de soar e á casa acoden cámaras e fotógrafos cada pouco. Esta dj involuntaria xa se fixo famosa grazas a Internet e á súa sesión de 14 horas de música de estilo bakalao.

Os veciños estaban máis sorprendidos que enfadados pola inesperada sesión musical. Agora os donos da gata xa lles pediron desculpas, que foron aceptadas.

Malia converterse nunha celebridade das redes, a gata acabou por rexeitar a música logo da longa sesión. Foi casualidade que lle dera por facer de disc-jóckey xusto a noite en que os donos non estaban na casa.

Se decide retomar a música, os donos confían en que a gata opte por sons máis pausados, como os de Julio Iglesias, e non polo bakalao. Os veciños tamén o agradecerían.

Noticias web

28/07/2021