CRTVG

Buscar

Unha gastroenterite masiva segue a afectar a poboación de Muxía

Publicado o 05/10/2021 13:57

Practicamente todos os veciños de Muxía coñecen alguén que durante a última semana estivo afectado por un forte virus estomacal do que xa se confirmaron máis de 200 casos nesta vila da Costa da Morte.

O problema da intoxicación da auga que se detectou hai días xa foi arranxado, e aínda que se confirmou a presenza de dúas bacterias que posiblemente causaron os primeiros casos, dende o Concello apuntan a que non son as causantes dos novos.

Os parámetros da auga xa son normais tras as medicións dos últimos días e pódese consumir sen problema dende a fin de semana. Agora a principal sospeita é que un virus, nin moito menos exclusivo desta localidade, sexa o responsable das novas gastroenterites.

A Xunta segue a examinar toda a documentación facilitada polo Concello de Muxía para tratar de esclarecer as causas e circunstancias da vertedura que intoxicou o subministración de auga hai unha semana.

Noticias web

05/10/2021