Unha explotación gandeira de Guadalaxara perdeu o 10 % das reses na borrasca Filomena
Publicado o 22/01/2021 07:52
Gandeiros de Guadalaxara perderon numerosas cabezas de gando durante a borrasca Filomena, que superou todas as súas previsións. Unha explotación notificou a morte dun centenar de reses que xa estaban débiles.
Noutras perderon unha decena de animais porque a neve tapou os comedoiros. Tamén houbo explotacións en que non morreu ningún animal.