Unha gandería de Friol desenvolve un proxecto cen por cento ecolóxico e sen intermediarios
Publicado o 25/11/2020 15:13
Hai case un ano que esta ecotenda situada no polígono de Friol abriu as súas portas.
É o ultimo elo dun proxecto ecosostible gandeiro, iniciado hai unha década, baseado na produción 100 por cento ecolóxica de carne de gando e avícola. Unha aposta polo rural de xeito diferente.
As súas liñas de negocio apuntan ao mercado galego, onde, malia a covid-19, superaron todas as expectativas, pero tamén ao nacional e internacional, grandes consumidores de produtos ecolóxicos.
Un dos piares deste proxecto é o de que eles mesmos pechan todo o ciclo de cría, produción, despece e venda, sen necesidade de intermediarios.
Ademais da carne, a ecotenda conta con máis de 1.500 referencias de produtos con certificación ecolóxica.