Unha galega frautista de 17 anos busca a excelencia tocando con todo o seu corpo
Non saben ata que punto é importante ter unha boa postura cando se toca, por exemplo, un instrumento musical. E se non, que llo digan á nosa seguinte protagonista: unha galega frautista de 17 anos que busca a excelencia tocando co todo o seu corpo.
A paixón de María é a frauta, que toca desde os 8 anos. Agora prepárase para as probas de acceso a un conservatorio da cidade alemá de Colonia e faino corrixindo a súa postura corporal.
Baixo a supervisión dun equipo multidisciplinar de medicina, ortopedia, biomecánica, informática e enxeñaría, configúrase o retrato do seu corpo mentres executa unha peza musical. Un problema de equilibrio detectado a tempo pode así axudarlle a María a acadar o seu soño. Desexámoslle sorte, porque talento non lle falta.