CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Unha galega foi a encargada de presentar a gran gala do cine iberoamericano

Publicado o 31/07/2016 12:58

Esta fin de semana celebrouse no Uruguay a gran noite do cinema iberoamericano, os Premios Platino.
Unha cita na que unha actriz de sangue galego, Natalia Oreiro, foi protagonista como como conductora da cerimonia.

A artista estivo cun equipo desta casa, da Televisión de Galicia, contando como afrontou ese reto e algunhas anécdotas da súa infancia no Cono Sur latinoamericano.


Unha galega, a actriz e cantante Natalia Oreiro, foi a encargada de presentar a terceira edición dos Premios Platino, a gran cita do cinema iberoamericano que se celebrou o domingo no Uruguay.

Natalia Oreiro - Presentadora dos Premios Platino 2016

"Moi contenta. Creo que ademais é un moi bo momento e unha oportunidade enorme para que os países iberoamericanos nos unamos dende a cultura, para que nos coñezamos un pouco máis dentro dunha industria que ano a ano está medrando e que somos ademais moi recoñecidos en tódolos festivais do mundo".

Un desafío que a artista afrontou sen medo ás críticas e onde logrou deslumbrar ó público acompañada polo tamén actor Santiago Sagura, como copresentador.

A actriz xa estivera nominada ós Platino en anteriores edicións e deixou claro que esta cerimonia tería todo o glamour das grandes alfombras vermellas, pero tamén grandes dosis de humor.


Este 2016 está a ser un ano dourado para Oreiro. A actriz ven de estrear "Nasha Natasha", un documental sobre a súa vida que xa triunfa en Rusia, onde é todo un ídolo de masas.

A iso, únese a presentación dun novo disco e o seu papel protagonista no filme Gilda, que narra a vida detrás da emblemática cantante arxentina de cumbia e ritmos tropicais que nos deixou temas como o archicoñecido "No me arrepiento de este amor".

Logros, todos eles, obtidos con moito esforzo.

Unha característica que segundo a cantante lle ven de Galicia.

Natalia Oreiro - Presentadora dos Premios Platino 2016

"Unha personalidade que no meu caso me marcou moito. Sempre fun moi traballadora e sempre entendín que non existía o éxito sen o traballo e iso téñoo dos meus avós".

E outra anécdota, Natalia Oreiro sempre recorda moi emocionada como de pequena todos a chamaban "Coruñita".

Natalia Oreiro - Presentadora dos Premios Platino 2016

"Os meus avós eran da Coruña e a min de pequeniña sempre me chamaban 'Coruñita'".

Toda unha demostración de cariño cara unha terra que sinte coma propia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

31/07/2016