CRTVG

Buscar

Unha furgoneta remata nos cantís do Vicedo tras caer por un barranco

Publicado o 21/04/2019 15:21

No Vicedo investigan as circunstancias en que se produciu un incidente que rematou cunha furgoneta nos cantís despois de caer por un barranco.

A alarma saltaba onte á tarde e despregábase un operativo en que participou o helicóptero de Salvamento Marítimo, desde onde se gravaron estas imaxes. Un rescatador mesmo se lanzou ao mar e comprobou que non había ninguén no interior do vehículo nin nas súas proximidades, pero non hai novas dos propietarios da furgoneta.

Caeu desde unha altura próxima aos 200 metros. Quedou totalemente esnaquizada e vai ser moi difícil retirala porque está en lugar de acceso difícil. 

Noticias web

21/04/2019