CRTVG

Buscar

Unha furgoneta camuflada e estacionada da DXT vixía o uso do móbil nas estradas

Publicado o 03/11/2018 15:53

Unha furgoneta camuflada e estacionada da DXT vixía xa o uso do móbil nas estradas galegas. Trátase dunha experiencia pioneira en Galicia que pretende reducir a distraccións que supón o uso do teléfono, xa que as estatísticas amosan que desde 2016 a causa principal dos accidentes mortais xa non é a velocidade nin o alcol senón os despistes ao volante.

Unha furgoneta en Galicia e un gran camión en Castela e León aproveitan a altura das súas cabinas para dar incluso con aqueles condutores que agochan os teléfono entre as pernas.Os axentes poderán ser testemuñas de infraccións extremadamente perigosas como mandar, ler e incluso escribir sms, mails e whatsapp durante a marcha. A esta furgoneta estaa acompañando outra dotación encargada de parar e comunicar a multa ao infractor. A intención de Tráfico é estender a medida a toda España unha vez que finalice aquí o período de proba. Esta mesma semana o director da DXT anunciou a súa vontade de cambiar a lei e sancionar o uso do móbil coa retirada de 6 puntos do carné de conducir. A razón é que as distracións ao volante, especialemente o uso de móbiles, xa está detrás, desde hai tres anos, da mortalidade en accidentes de tráfico

Noticias web

03/11/2018