CRTVG

Buscar

Unha furgoneta atropela un grupo de ciclistas e foxe

Publicado o 24/11/2019 20:25

Unha furgoneta levou por diante un grupo de ciclistas e fuxiu. Foi en Palma, e a gravación da cámara instalada nunha das bicicletas resultou crucial para determinar como sucederon os feitos.

Nas imaxes vese como o vehículo invade o carril contrario e bótase enriba dos ciclistas. A peor parte lévaa un dos mozos que vai diante. Co golpe sae despedido e bate contra o capó do coche. Despois, outros dous son atropelados e só un consegue esquivalo. Sufriron fraturas de diversa consideración e foron trasladados ao hospital.

Horas máis tarde, unha muller acudía ao xulgado para inculparse do sinistro, pero a declaración non foi crible. As testemuñas presenciais identificaran un home ao volante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2019