CRTVG

Buscar

Aviso amarelo no litoral entre Estaca de Bares e cabo Silleiro por vento e chuvia

Publicado o 08/08/2019 21:37

A imaxe que nos deixa esta segunda semana de agosto non é a propia desta época do ano, en que o máis habitual sería ver instantáneas de xente na praia en traxe de baño ou bikini. Pero a de este xoves é a de rúas molladas e paraugas.

Para este xoves decretouse a alerta amarela no suroeste da provincia da Coruña por precipitacións. 

Pero esa chuvia non trae asociado un descenso das temperaturas. Os mercurios seguen altos, sen baixar practicamente dos 20 graos. Tamén hai aviso pola intensidade da chuvia, especialmente no suroeste. En moitos concellos superáronse os 40 litros por metro cadrado.

Así que, se falamos de chuvia e vento, a situación é verdadeiramente máis propia do outono. Porén, as temperaturas son de pleno verán.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí